¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Arquitectura popular da Pobra

Estudantado do IES aproximouse á arquitectura popular da Pobra

 

DECEMBRO 2023

O núcleo urbano da Pobra do Caramiñal converteuse na mañá do 19 de decembro nunha aula a ceo aberto na cal unha trintena de estudantes do proxecto competencial do 4º da ESO do instituto aprendeu sobre arquitectura tradicional. 

 

Da man do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, descubriron a evolución do centro e as distintas tipoloxías da arquitectura popular aquí presente, así como as máis antigas vivendas que xa forman parte da historia da localidade: vestixios de varias casas medievais na zona do Castelo e nas rúas da Feira e do Estremo, a existencia de soportais perdidos ou transformados nas inmediacións da praza de Galicia, casas de patín, o hospitaliño, a casa da cadea ou as construcións do coñecido como barrio dos cataláns  a carón da praia dos Areos, entre outras. 

 

A institución museística continúa así na liña de promover propostas didácticas para dar a coñece-lo patrimonio cultural, como as visitas que se efectuaron no verán a diferentes edificios históricos. 

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar